O noso equipo

Un equipo de profesionais comprometidos coa saúde e o benestar da túa mascota, ofrecendo unha atención próxima e de calidade todos os días do ano.

+25 profesionais4 centrosAtención 24h
Marta García Telmo
Foto: Óscar Valladares

Dra. Marta García Telmo

Fundadora e directora

Nº de colexiado: 3600621

Marta é o corazón e a visión do Hospital Veterinario do Salnés. Veterinaria en exercicio desde 1998, leva máis de 25 anos dedicada ao coidado dos animais e ao acompañamento das súas familias.

En 2015 asumiu a Clínica Veterinaria de Portonovo, impulsando o seu crecemento e consolidándoa como un referente na comarca. En 2024 deu un paso máis coa creación do Hospital Veterinario do Salnés, integrando varios centros baixo unha mesma filosofía.

A súa traxectoria clínica estivo sempre moi vinculada á cirurxía e á odontoloxía, áreas nas que desenvolveu gran parte da súa experiencia profesional.

A creación do hospital 24 horas nace do seu compromiso coa comarca: garantir que ningún animal quede sen atención cando máis o precisa.

Equipo Veterinario

Ester Barbero Garrote

Dra. Ester Barbero Garrote

Veterinaria · Anestesia e cirurxía

Nº de colexiado: 2402751

Veterinaria con máster en quirófano, especializada en anestesia. Actualmente cursa posgrao ISVPS. Desempeña funcións de clínica xeral e urxencias.

H. Barrantes (24h)

Ana Belén Silva Callón

Dra. Ana Belén Silva Callón

Veterinaria · Medicina interna

Nº de colexiado: 1501323

Veterinaria dende 2005, especializada en medicina interna. Interese en medicina felina, citoloxía e oncoloxía. Formación continua.

H. Barrantes (24h)

Belén Campos González

Dra. Belén Campos González

Veterinaria · Urxencias

Nº de colexiado: 3601412

Atención en consulta e servizo de urxencias, con enfoque en casos agudos e atención inmediata.

H. Barrantes (24h)

Julia Fernández Corbelle

Dra. Julia Fernández Corbelle

Veterinaria · Medicina interna

Nº de colexiado: 2702210

Gran precisión diagnóstica e enfoque meticuloso en medicina interna.

H. Barrantes (24h)

Miguel Fontán Tato

Dr. Miguel Fontán Tato

Veterinario · Medicina felina

Nº de colexiado: 3600765

Formación avanzada en cirurxía, traumatoloxía e odontoloxía veterinaria, con especialización en felinos e experiencia en anestesia.

H. Barrantes (24h)

Candela González García

Dra. Candela González García

Veterinaria · Urxencias

Nº de colexiado: 3302356

Veterinaria xeralista con 3 anos de formación no departamento de Etoloxía Clínica do HVU Rof Codina e en formación constante enfocada en Medicina Interna. Actualmente centrada en urxencias e coidados intensivos

H. Barrantes (24h)

Marta Lago Ferreiros

Dra. Marta Lago Ferreiros

Veterinaria · Etoloxía e fisioterapia

Nº de colexiado: 3601256

Especializada en comportamento animal e fisioterapia.

H. Barrantes (24h)

Lorenzo Rey Souto

Dr. Lorenzo Rey Souto

Veterinario · Cirurxía e traumatología

Nº de colexiado: 3601149

Perfil resolutivo con experiencia en cirurxía e tratamento de patoloxías complexas.

H. Barrantes (24h)

Tamara Rivera Villaverde

Dra. Tamara Rivera Villaverde

Veterinaria · Medicina xeral

Nº de colexiado: 3601103

Veterinaria xeralista con interese en dermatoloxía e medicina interna. Apaixoada dos animais, con especial afinidade polos felinos.

C. Caldas

Nuria Sabor Camiña

Dra. Nuria Sabor Camiña

Veterinaria · Medicina xeral

Nº de colexiado: 3601278

Veterinaria versátil en consulta, urxencias e hospitalización. Formación continua en medicina interna, dermatoloxía e cirurxía.

C. Portonovo

Eladio Santamaría García

Dr. Eladio Santamaría García

Veterinario · Urxencias

Nº de colexiado: 3600466

Veterinario con máis de 30 anos de experiencia, especializado en urxencias e UCI. Destaca en triaxe, estabilización e cirurxía en contornos de alta presión.

H. Barrantes (24h)

Laura Vera Castillo

Dra. Laura Vera Castillo

Veterinaria · Coordinadora de hospitalización, UCI e referidos

Nº de colexiado: 1501835

Especialista en Medicina interna (GPCert ISVPS). Coordina pacientes hospitalizados e casos remitidos.

H. Barrantes (24h)

Equipo Técnico

Un equipo especializado en hospitalización e coidados continuos, fundamental para garantir a atención 24 horas dos nosos pacientes.

Annika Álvarez Rey

Annika Álvarez Rey

Auxiliar técnico veterinario · Hospitalización e quirófano

ATV desde 2010, con experiencia en hospitalización, quirófano, nutrición e urxencias. Actualmente continúa a súa formación cursando un posgrao en anestesia.

H. Barrantes (24h)

Silvia Álvarez Santamaría

Silvia Álvarez Santamaría

Auxiliar técnico veterinario · Consultas

Apoio en consulta e atención diaria, colaborando estreitamente co equipo veterinario.

C. Portonovo

Lucía Búa Devesa

Lucía Búa Devesa

Auxiliar técnico veterinario · Hospitalización

Técnica superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear. Apoio en hospitalización e seguimento de pacientes, con atención próxima.

C. Caldas

Alba Costas Dacosta

Alba Costas Dacosta

Auxiliar técnico veterinario · UCI e hospitalización

Técnico en farmacia e técnico superior en anatomía patolóxica. Máster en quirófano, laboratorio e UCI. Cursando posgrao de coidados intensivos por ISVPS.

H. Barrantes (24h)

Claudia Domínguez Renda

Claudia Domínguez Renda

Auxiliar técnico veterinario · Consultas

Apoio en consulta e hospitalización, atención próxima e seguimento de casos clínicos.

C. Vilagarcía

Ismael Moldes Outes

Ismael Moldes Outes

Auxiliar técnico veterinario · Área cirúrxica

ATV con 9 anos de experiencia en área cirúrxica: apoio en tecidos brandos, traumatoloxía e endoscopia. Manexo de hospitalización, mostras e medicación.

H. Barrantes (24h)

Saray Pérez Chamadoira

Saray Pérez Chamadoira

Auxiliar técnico veterinario · Hospitalización

Auxiliar de diagnóstico por imaxe, con experiencia en urxencias e formación en hospitalización e UCI. Actualmente cursa un máster en laboratorio clínico.

H. Barrantes (24h)

Administración

Roberto Novás Cousiño

Roberto Novás Cousiño

Xestión e coordinación

Responsable da organización e xestión operativa do hospital, garantindo o correcto funcionamento dos centros.

Carolina Sánchez González

Carolina Sánchez González

Auxiliar administrativo

ATV desde 2014, especializada en xestión e plans de saúde. Actualmente centrada na xestión administrativa e coordinación de ATVs no HVS.

Rotación Centros

Sara Pereiras Blanco

Sara Pereiras Blanco

Auxiliar administrativo

Adestradora canina con 14 anos de experiencia. Próxima, empática e enfocada no trato directo con animais e as súas familias.

H. Barrantes (24h)

Confía no noso equipo para coidar da túa mascota como merece

Axusta as túas preferencias